Luns, 23 Outubro 2017 18:53

Cumplíuse o programa "Deseñando o teu futuro"

Un ano máis o Concello de Soutomaior e a Xunta de Galicia convocan no Concello de Soutomaior o proxecto DESEÑANDO O TEU FUTURO dirixido a mozos e mozas de idades comprendidas entre os 14 e 18 anos. Trátase dun programa de aproximación da mocidade galega ao ámbito sociolaboral mediante o desenvolvemento de estadías–visitas en distintos sectores das empresas/entidades públicas e privadas, facilitando, deste xeito, unha experiencia que lle permita decidir a súa traxectoria formativa profesional.  Participaron neste proxecto 15 mozos e mozas do municipio.

Na primeira fase do proxecto participaron como grupo en actividades complementarias e visitas a empresas de diversa índole.  Empresas públicas e privada que achegaron o seu día a día a este grupo de mozos e mozas mediante charlas, mesas redondas, actividades participativas, visitas, etc.

As empresas que participaron nesta primeira fase foron:

  • CONCELLO DE SOUTOMAIOR.
  • ESPAZO ARROELO
  • CULLER DE PAU E HORTA  DE ADELINA
  • AULA DE NATUREZA A XESTEIRA
  • KEYSROOM

 

Durante a segunda fase do proxecto os e as participantes xa tiveron ocasión de realizar estadías individuais en empresas escollidas polo Concello tendo en conta os seus intereses profesionais e os seus perfiles. Aquí participaron:

 

  • ESTUDO BONOBO PONTEVEDRA
  • ARA FORMACIÓN
  • LUDOTECA BRICANDEIRA ARCADE
  • ESPAZO ARROELO
  • CLINICA VETERINARIA A FAROLA
  • LA CANALLA 
  • CLINICA VETERINARIA SANTA MARIÑA REDONDELA
  • COLEXIO SANTIAGO APOSTOL
  • ESCOLA INFANTIL PONTE PASITOS PONTEVEDRA
  • FARMACIA EUGENIA PRESAS
  • RESTAURANTE RINCÓN MEXICANO PONTEVEDRA  
  • BULE  PARK PONTEVEDRA
  • XIMNASIO CLUBE ARCADE

Na fase final participou a empresa "Ci+ Creatividade e estimulación da aprendizaxe" que guiou o proceso final de reflexións e conclusións levando a cabo a actividade " Visibilizando un presente con moito futuro".

A todas elas queremos agradecer a súa colaboración e participación activa no proxecto facendo posible os soños destes mozos e mozas. Acompañándoos e guiándoos neste camiño iniciado para o seu desenvolvemento persoal, académico e profesional.

As persoas que desexedes coñecer máis sobre esta experiencia podedes ver o vídeo no que participan os mozos e mozas inscritos.


Visto 680 veces

Medios

Os titulares de Xuventude

Domingo 15 de xullo: imos informar e concienciar

13-07-2018 / Plan Municipal de Voluntariado

O Concello de Soutomaior promove o voluntariado e a educación medio ambiental a través do programa SI QUERO, COLABORAR que se puxo en marcha este ano e que xa leva...

Obradoiro de ecopercusión para o verán: música e reciclaxe.

03-07-2018 / Xuventude

O Concello de Soutomaior convoca un obradoiro de ecopercusión dirixido á mocidade para iniciarse no mundo da percusión partindo de elementos de reciclaxe que se convertirán en instrumentos musicais. Con...

Aprazado o festival de cultura urbana do domingo 1 de xullo

29-06-2018 / Xuventude

AVISO IMPORTANTE: FESTIVAL APRAZADO PARA SETEMBRO O Concello de Soutomaior comunica que o festival de cultura urbana que se ía realizar este domingo 1 de xullo e todas as actividades programadas...

Aquagym na praia da Muxeira, Peirao Arcade

28-06-2018 / Xuventude

O martes  3 de xullo comeza a actividade de aquagym  en horario de 18 a 19 h. O Concello de Soutomaior programa esta actividade para o mes de xullo co...