Martes, 27 Xuño 2017 13:32

Deseñando o teu futuro 2017

O Concello de Soutomaior participa un ano máis no proxecto DESEÑANDO O TEU FUTURO.

Trátase dun proxecto de educación non formal da Xunta de Galicia de estadías- visitas non remuneradas nos distintos sectores das empresas/ entidades públicas ou privadas  para que a mocidade adquira competencias, habilidades e cualificacións que complementen o seu desenvolvemento persoal e a súa formación, e isto lles axude a tomar decisión sobre o seu futuro profesional.

  • Destinatarios/as: mozos e mozas con idades comprendidas entre os 14 e 18 anos no momento de presentar a solicitude.
  • Prazas:15 participantes (ampliables)
  • Máis información e inscrición: na OMIX, Multiusos (Arcade) ou no correo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. Tel. 986 700 822
  • Inscricións: ata o 5 de xullo ou ata cubrir prazas na OMIX.

En función das solicitudes desde o departamento de Xuventude buscaranse empresas colaboradoras que os/as acollan para poder realizar as estadías para que así poidan coñecer a profesión na que están interesados/as de primeira man, participando nas actividades da empresa e observando o traballo que se leva a cabo co fin de axudalos a tomar decisións sobre o que lles gusta ou non. Ademais das estadías tamén haberá visitas en grupo a empresas e actividades formativas e de lecer. 


Visto 701 veces

Os titulares de Xuventude

Domingo 15 de xullo: imos informar e concienciar

13-07-2018 / Plan Municipal de Voluntariado

O Concello de Soutomaior promove o voluntariado e a educación medio ambiental a través do programa SI QUERO, COLABORAR que se puxo en marcha este ano e que xa leva...

Obradoiro de ecopercusión para o verán: música e reciclaxe.

03-07-2018 / Xuventude

O Concello de Soutomaior convoca un obradoiro de ecopercusión dirixido á mocidade para iniciarse no mundo da percusión partindo de elementos de reciclaxe que se convertirán en instrumentos musicais. Con...

Aprazado o festival de cultura urbana do domingo 1 de xullo

29-06-2018 / Xuventude

AVISO IMPORTANTE: FESTIVAL APRAZADO PARA SETEMBRO O Concello de Soutomaior comunica que o festival de cultura urbana que se ía realizar este domingo 1 de xullo e todas as actividades programadas...

Aquagym na praia da Muxeira, Peirao Arcade

28-06-2018 / Xuventude

O martes  3 de xullo comeza a actividade de aquagym  en horario de 18 a 19 h. O Concello de Soutomaior programa esta actividade para o mes de xullo co...