Mércores, 13 Setembro 2017 15:38

Novidoso sistema de inscrición en liña

III Festival de Cultura Urbana, 2017

Ábrese o prazo de inscrición para participar na Arcade JAM e nos Obradoiros que compoñen o programa deste ano do III Festival de Cultura Urbana 2017 organizado polo Concello de Soutomaior en colaboración cos mozos e mozas do municipio. O festival este ano realizarase o domingo 24 de setembro durante todo o día a partir das 11 da maña no Peirao de Arcade, no entorno da Pista de SkatePark.

Unha das novidades deste ano é que os mozos e mozas poderán anotarse en liña neste enderezo:

ou si o prefiren presencialmente o mesmo día ata unha hora antes do inicio da actividade sempre e cando haxa prazas vacantes. As prazas son limitadas.

Na programación deste ano ofértanse novos obradoiros para que poidan encaixar todas as inquedanzas da mocidade e así potenciar a súa participación: baile, graffiti, parkour, deseño de gorras, micro libre, skate, etc. 

Obradoiros: (20 prazas / obradoiro)

  • Danzas de rúa
  • Parkour
  • Graffiti
  • Skate
  • Personalización de gorras Trucker

Campionato

  • Arcade JAM (BMX e Scooter).
    * Haberá dúas categorías en femenino e en masculino.
    Si queres participar consulta as bases do campionato.

Exhibicións

  • Danza urbana 
  • Flatland 
  • Turntablism

 

LUGARES DO FESTIVAL

Peirao de Arcade no entorno da Pista de SkatePark.

 

Máis información na OMIX 
Tel. 986 700 822
Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.


Visto 337 veces

O concurso que te fai escribir en galego

Acto de entrega premios Concurso verbas para comunicar. Letras…

19 Mai 2017

O Alcalde, Agustin Reguera, e a Concelleira de Xuventude, Noelia Ocampo, entregaron este venres 19 de maio os premios do Concurso Verbas para Comunicar organizado polo día das Letras Galegas...

Concurso: Verbas para ... comunicar "Letras Galegas 2017"

3 Marzo 2017

Ábrese o prazo para participar no concurso VERBAS PARA... COMUNICAR 2017. Este concurso impulsado polo Concello de Soutomaior, a través da Concellería de Xuventude, vai dirixido a mozos e mozas...

O magazine que te fai falar en inglés

Primeiro número do magazine SoutoNews

9 Xuño 2017

Soutonews finalizou o curso este venres 9 de xuño. Este proxecto de inmesión lingüística en inglés comezou no mes de marzo e vai dirixida a mozos e mozas de 12...