Xoves, 03 Agosto 2017 11:26

Ábrese o prazo para participar

II Carreira de orientación Concello de Soutomaior

As persoas interesadas en participar nesta actividade poderán anotarse ata o 28 de setembro na OMIX presencialmente ou ben en liña a través do enlace

Realizarase esta actividade o domingo 1 de outubro en Talo Río (Arcade).

A Concellería de Xuventude do Concello de Soutomaior quere promover esta práctica deportiva entre a mocidade poque ademais da activida fisica que implica a participación nestas carreiras tamén ten outros beneficios porque se practica a coordinación, o traballo en equipo, a estratexia e  se aprende a manexar mapas e brúxulas; ao mesmo tempo fai que a mocidade se interese por actividades de lecer saudables e se transmitan valores de respeto e coidado do noso medio.

Que é isto da orientacion?

É unha modalidade deportiva que, normalmente se realiza no medio natural, e que consiste en percorrer un itinerario determinado, visitando uns puntos nos que hai colocadas unhas balizas, axudándose dun mapa e, as veces, dun compás (brúxula).

Pero, a min non me gusta correr...

Non é necesario. Este deporte está adaptado a todos os niveis e ademais, na iniciación e recomendable non correr, xa que o máis importante e desenvolver a capacidade de ler o mapa. O lema deste deporte é "primeiro pensa, despois corre".

E, quen pode participar?

  1. Nenas/os menores de 10 anos, que irían acompañados/as de persoas adultas.
  2. Nenas/os maiores de 10 anos, que poderían ir sós.
  3. Adultos/as ( a partir de 18 anos)

Neste segundo ano o Concello amplía as prazas a 60 para que poidan participar máis persoasque na edición anterior. Unha vez finalizado o prazo comunicaremos a cada participante a súa admisión.

 


Publicado en Xuventude
Descargar adjuntos:

Visto 468 veces

O concurso que te fai escribir en galego

Acto de entrega premios Concurso verbas para comunicar. Letras…

19 Mai 2017

O Alcalde, Agustin Reguera, e a Concelleira de Xuventude, Noelia Ocampo, entregaron este venres 19 de maio os premios do Concurso Verbas para Comunicar organizado polo día das Letras Galegas...

Concurso: Verbas para ... comunicar "Letras Galegas 2017"

3 Marzo 2017

Ábrese o prazo para participar no concurso VERBAS PARA... COMUNICAR 2017. Este concurso impulsado polo Concello de Soutomaior, a través da Concellería de Xuventude, vai dirixido a mozos e mozas...

O magazine que te fai falar en inglés

Primeiro número do magazine SoutoNews

9 Xuño 2017

Soutonews finalizou o curso este venres 9 de xuño. Este proxecto de inmesión lingüística en inglés comezou no mes de marzo e vai dirixida a mozos e mozas de 12...