Luns, 03 Xullo 2017 12:06

Novas actividades! Xuventude

O Concello de Soutomaior convoca as actividades dirixidas á xuventude para estes meses de xullo, agosto e setembro e abre o prazo de inscrición algunhas das Escolas Municipais que se inician en outubro.

Comezamos con AQUAGYM NA PRAIA DA MUXEIRA. Actividade de baixo impacto, realizada no medio acuático, que combina o traballo cardiovascular con exercizos de tonificación muscular e coordinación.

  • Datas e horario: os martes e xoves de 18 a 19 h (desde 04/07/17 ata o 01/08/17)
  • Recomendacións: levar roupa de baño e fanequeiras.
  • NON fai falta inscribirse previamente

 

E, o sábado 8 de xullo ás 22.30 h terá lugar o VI CONCURSO DE KARAOKE para o cal xa se están preparando todas as persoas que participan co fin  de convertar esta velada nun momento divertido e cheo de imaxinación e creatividade.

Outra das actividades é o proxecto “Deseñando o teu futuro” que consiste en realizar actividades de educación non formal e estadías- visitas non remuneradas nos distintos sectores das empresas/ entidades públicas ou privadas  para que a mocidade adquira competencias, habilidades e cualificacións que complementen o seu desenvolvemento persoal e a súa formación, e isto lles axude a tomar decisión sobre o seu futuro profesional. Dirixida a mozos e mozas con idades comprendidas entre os 14 e 18 anos no momento de presentar a solicitude. O prazo estará aberto ata o 5 de xullo ou ata cubrir prazas.

 

Para este mes de xullo a Concellería ten programa unha actividade lúdica de MULTIAVENTURA que este ano inclúe actividades como a BANANA + VELA LIXEIRA + DONUTS + WINDSURF. Faremos grupos por idades para que todos/as os participantes poidan ir rotando e probando todas as actividades en xornada de mañá e de tarde.

  • Destinatarios/as:de 12 a 30 anos.  
  • Horario da actividade:de 10.00 a 19.30 h. Consultar na OMIX horarios de autobús e paradas porque a actividade realizarase na zona de Moaña. 
  • Datas: xoves 20 de xullo. 
  • Custe: 15€ empadroados/as; 48€ euros non empadroados/as (inclúe desprazamento ata o lugar e material específico da actividade). Cada participante ten que levar o seu picnic.
  • Prazo de inscrición: na OMIXata o 14 xullo ou ata cubrir prazas (mínimo 20 e máximo 30)

 

E, xa comezamos cos preparativos da  terceira edición do Festival de Cultura Urbana_ Soutomaior 17 que este ano terá lugar en domingo. Evento dirixido fundamentalmente ao público xuvenil no que se ofertarán actividades ligadas a diferentes estilos e movementos culturais urbanos

Poderán participar nos obradoiros mozos e mozas de 10 a 35 anos (nalgunhas actividades si sobran prazas poderán participar outras idades. Consultar na OMIX)

  • Datas e horario: domingo 24  de setembro de 11.30 a 22,30 h
  • Lugar: Peirao de Arcade 
  • Inscricións: na OMIX ou no mesmo día ata unha hora antes do inicio da actividade, si hai  prazas vancantes. 20 prazas / obradoiro

Avance de actividades e obradoiros:

Obradoiros:

  • Danzas de rúa
  • Parkour
  • Graffiti
  • Skate
  • Personalización de gorras Trucker

E, Campionato: ARCADE JAM (BMX E SCOOTER) para o cal xa están todos os mozos e mozas preparándose para un ano máis amosar as súas habilidades e todas as piruetas e trucos que están perfeccionando.

Este ano tamén haberá exhibicións de: Danza urbana; FLATLAND; Turntablism 

E, para pechar esta festa haberá unha sesión DJ e SCRATCH SHOW

  • Lugar: no Skate  Parke instalacións limítrofes. Peirao de Arcade

 

Por segundo ano, tamén se convoca a carreira de orientación "Soutomaior ORIENTA: carreira de orientación Unha aventura para non perderse!­­" coa que pretendemos achegarnos as bases do “deporte de orientación” como ferramenta útil na vida cotiá e como diversión, ao tempo que nos achegamos ao noso entorno con outros ollos, para gozar del e desentrañar os seus segredos.

  • Destinatarios/as: todas as idades (menores de 9 anos acompañados de adulto).
  • Categorías: iniciación curta; iniciación longa; federados/as.
  • Datas e horario: domingo 1 de outubro de 2017 de 10,00 a 13,00 h.
  • Punto de saída: Alameda Talorío, Arcade.
  • Custe: de balde
  • Prazo de inscrición: ata o 28 de setembro ou ata cubrir prazas (60 prazas). Na OMIX ou en liña na web www.soutomaior.com

 

E, na ÁREA EDUCACIÓN/ FORMACIÓN/EMPREGABILIDADE convocamos varios cursos de balde dirixidos a mellorar a formación da mocidade para que adquiran competencias laborais para o emprego.

CURSO DE MONITOR/A DE ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES  (40 h)

  • Metodoloxía: o curso terán unha duración de 40 h (20 teóricas + 20 prácticas). Para rematar o curso con éxito haberá que ter ambas partes superadas. As prácticas realizaranse en actividades extraescolares con posibilidades de incorporación á bolsa de emprego da empresa que imparte o curso (KOREMI). O lugar para realizar as prácticas pode ser en Soutomaior ou nos concellos limítrofes en horario de tarde pola semana. Consultar condicións concretas.
  • Destinatarios/as: a partir de 16 anos todas as idades.
  • Datas e horarios: 25, 26, 28, 29 de setembro e 2 de outubro de 16.30 a 20.30. As prácticas comezarán cando remate a teórica.
  • Custe: de balde.
  • Prazo de inscrición: ata 20 de setembro ou ata cubrir prazas.

 

CURSO DE ALMACÉN A CARRETAS ELEVADORAS (45 h)

  • Obxectivos: aprender a manexar carretilas, coñecer técnicas e procedementos de xestión de stock e reposición aplicadas a comercio, aprender técnicas básicas de atención ao cliente no punto de venda.
  • Metodoloxía: o curso terán unha duración de 45 h (20 teóricas + 20 prácticas de almacén `+ 5 h prácticas de carretilla). Para rematar o curso con éxito haberá que ter ambas partes superadas. As prácticas realizaranse en empresas do sector na zona de Pontevedra e arredores.
  • Destinatarios/as: a partir de 16 anos todas as idades.
  • Datas e horarios: 2, 3, 5, 6 e 9 de outubro de 16.30 a 20.30. As prácticas comezarán cando remate a teórica.
  • Custe: de balde.
  • Prazo de inscrición: ata 28 de setembro ou ata cubrir prazas.

 

E, xa para rematar lembramos que se abre o PRAZO ABERTO ata o 26 de setembro para algunhas das actividades anuais:

BAILAS? Actividade de baile e movemento

  • Destinatarios: maiores de 12 anos
  • Datas e horario: martes de 20 a 21 h

 

DANZA DO VENTRE

  • Destinatarios: maiores de 12 anos
  • Datas e horario: xoves de 21 a 22 h

 

SOUTONEWS: magazine xuvenil en inglés

  • Obxectivos: adquirir competencias lingüísticas en inglés dun xeito práctico e divertido, usando vocabulario propio de contextos diarios para falar con maior fluidez e mellorar a pronunciación e a axilidade.
  • Contidos: é un programa de inmersión lingüística en inglés no que os/as participantes elaborarán o seu propio magazine xuvenil, encargándose de crear diferentes seccións: cultura, economía, deportes, sociedade, sucesos,… Guiados por unha profesora de  nivel nativo, idearán as novas, redactarán os contidos para logo coa axuda da televisión local, a finais de cada mes, gravar as seccións cos diálogos subtitulados en galego. Incorporaremos actividades didácticas que axudarán a desenvolver as habilidades en inglés así como a desenvolver a axilidade mental: competición de deletreo (spelling), obradoiro de cancións,etc.
  • Grupos:
    • Grupo 1: de 12 a 15 anos. Horario: Venres de 16:00 a 17:30 h
    • Grupo 2: de 16 a 25 anos. Horario: Venres de 17:30 a 19:00 h
  • Custe: 10 €/mes empadroados/as; 30 €/mes non empadroados/as.
  • Forma de pago: consultar na OMIX
  • Prazas: 12/grupo

 

GUITARRA: española

Composición propia de cancións partindo da guitarra, estructurando os acordes e os ritmos en función das partes do tema (intros ,estrofas, estribillos, pontes...etc). Elaboración de letras e melodías vocais que leven e sintonicen coa mensaxe/historia que queremos contar.

As persoas que escollan a opción de 2 semana completarán o traballo con arranxos rítmicos e melódicos con outros instrumentos (percusión, batería, baixo, teclado, e instrumentos electrónicos coma sintes, samplers, caixas de ritmos...) para ampliar o panorama sónico da canción. Introducción ós elementos básicos da gravación dixital, tarxetas de son, microfonía, técnicas.Gravación e producción das canción traballadas nas sesións.

  • Destinatarios/as: a partir de 7 anos
  • Datas e horario:
    • Grupo iniciación: martes de 19,30 a 20,30 h
    • Grupo intermedio: martes de 17,30 a 18,30 h
    • Grupo medio/avanzado: martes de 18,30 a 19,30 h

 

ESCOLA DE DEBUXO E PINTURA

Itinerario 1: ESPERTANDO A CREATIVIDADE

  • Idades: 4 a 7 anos
  • Horarios: venres de 16,00 A 17,00 H

Itinerario 2: INFANTIL debuxo e pintura

  • Idades: 8 a 11 anos
  • Horario: venres de 17,00 a 18,30 h

Itinerario 3: XUVENIL debuxo e pintura

  • Idades: 12 a 18 anos
  • Horario: venres de 18,30 a 20,30

Itinerario 4: ADULTO debuxo e pintura

  • Idades: a partir de 18 anos todas as idades
  • Horario: venres de 18,30 a 20,30

 

ESCOLA MUNICIPAL DE TEATRO

  • Grupo infantil: 4 a 8 anos; sábados de 12,00 a 13,30 h
  • Grupo xuvenil 1: 9 a12 anos; venres de 20,00 a 21,30 h
  • Grupo xuvenil 2: 13 a 17 anos venres de 21.30 a 23.00 h

 

Maís información: na OMIX, Telf: 986 700 822 Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. ou en www.soutomaior.com ou en www.gabinetesoutomaior.com


Publicado en Xuventude
Descargar adjuntos:
Visto 504 veces

O concurso que te fai escribir en galego

Acto de entrega premios Concurso verbas para comunicar. Letras…

19 Mai 2017

O Alcalde, Agustin Reguera, e a Concelleira de Xuventude, Noelia Ocampo, entregaron este venres 19 de maio os premios do Concurso Verbas para Comunicar organizado polo día das Letras Galegas...

Concurso: Verbas para ... comunicar "Letras Galegas 2017"

3 Marzo 2017

Ábrese o prazo para participar no concurso VERBAS PARA... COMUNICAR 2017. Este concurso impulsado polo Concello de Soutomaior, a través da Concellería de Xuventude, vai dirixido a mozos e mozas...

O magazine que te fai falar en inglés

Primeiro número do magazine SoutoNews

9 Xuño 2017

Soutonews finalizou o curso este venres 9 de xuño. Este proxecto de inmesión lingüística en inglés comezou no mes de marzo e vai dirixida a mozos e mozas de 12...