Martes, 27 Xuño 2017 13:00

Aquagym na praia da Muxeira en Arcade

O Concello de Soutomaior organiza un ano máis esta actividade de AQUAGYM NA PRAIA DA MUXEIRA que comeza o martes 4 de xullo.

Trátase dunha  actividade de baixo impacto porque se realiza no medio acuático, e combina o traballo cardiovascular con exercizos de tonificación muscular e coordinación. é unha boa forma de facer exercizo no verán e manterse en forma.

Vai dirixida a calquera persoa de calquera condición física, que busque facer exercizo de forma saudable no medio acuático.

  • Datas e horario: os martes e xoves de 18 a 19 h (desde 04/07/17 ata o 01/08/17)
  • Recomendacións: levar roupa de baño e fanequeiras.
  • Lugar: praia da Muxeira en Arcade.
  • NON fai falta inscribirse previamente

Máis información sobre esta actividade na OMIX, 986 700 822 Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.


Publicado en Xuventude
Visto 382 veces

O concurso que te fai escribir en galego

Acto de entrega premios Concurso verbas para comunicar. Letras…

19 Mai 2017

O Alcalde, Agustin Reguera, e a Concelleira de Xuventude, Noelia Ocampo, entregaron este venres 19 de maio os premios do Concurso Verbas para Comunicar organizado polo día das Letras Galegas...

Concurso: Verbas para ... comunicar "Letras Galegas 2017"

3 Marzo 2017

Ábrese o prazo para participar no concurso VERBAS PARA... COMUNICAR 2017. Este concurso impulsado polo Concello de Soutomaior, a través da Concellería de Xuventude, vai dirixido a mozos e mozas...

O magazine que te fai falar en inglés

Primeiro número do magazine SoutoNews

9 Xuño 2017

Soutonews finalizou o curso este venres 9 de xuño. Este proxecto de inmesión lingüística en inglés comezou no mes de marzo e vai dirixida a mozos e mozas de 12...