Mércores, 18 Xaneiro 2017 10:30

Mesa de orientación académica e profesional. Programa municipal "Decide o teu itinerario"

Decide o teu itinerario, é un programa municipal de orientación acádemica e profesional dirixido a alumnado de 4º da ESO e de bacharelato que estude no Concello de Soutomaior.

Os obxectivos pedagóxicos son:

Identificar os propios intereses e motivacións.Coñecer a oferta formativa e as posibles saídas profesionais.Distinguir os diferentes itinerarios formativos necesarios para acceder a unha determinada ocupación.Explorar as saídas profesionais asociadas a unha formación.Desmitificar as profesións e estudos

Contidos: os intereses e motivacións. A exploración ocupacional e a elección formativa.

A metodoloxía usada é a de mesa redonda de experiencias: expositiva, exploratoria e participativa. Coa que se pretende complementar o traballo realizado nos departamentos de orientación partindo de experiencias reais de vida na que participan unha selección de profesionais externos ao centro de distintos sectores produtivos para expor como foi o seu proceso de toma de decisións, cal foi a súa decisión e cal é a súa situación actual.

Así, o alumnado poderá coñecer diferentes ocupacións e desmitificar moitos prexuízos. Tamén analizar erros que se poden cometer cando nos se identifican ben os intereses profesionais, cando un non se orientada axeitadamente ou cando se descoñecen as ocupacións máis afíns aos propio intereses e capacidades.  

A valoración xeral destas experiencias por parte do alumnado soe ser moi positiva porque lle permite achegarse a contextos reais moi diversos e observar en primeira persoa como enfocaron outras persoas unha vivencia similar de incertidume á que eles se enfrontan na actualidade.

Este xoves 19 de xaneiro de 16,30 a 17,45 h iniciarase o programa coa mesa de experiencias que terá lugar no centro educativo Santiago Apostol.

Modera a mesa:

  • Sonia Pintos, técnica Municipal de Xuventude

Participan:

  • Andrea Picón Costa: psicóloga, psicomotricista,experiencia laboral con menores con NEE e programadas de educación familiar
  • Kiko da Silva Irago: Historietista, director do Garaxe Hermético (Escola profesional de banda deseñada)
  • Javier Rielo Rodriguez: enxeñeiro técnico industrial,maquinista de ferrocarril.
  • Beatriz Collazo Martínez: Traductora e interprete.

 


MÁIS INFORMACIÓN 

OMIX (Oficina Municipal de Información Xuvenil)
Multiusos de Arcade, Rúa Peirao 8 - 36690
Telf: +34 986 700 822 / Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
Info web: Concellería de Xuventude (Gabinete Prensa) / www.soutomaior.com
Horarios: Luns a venres de 15,30 h a 20,30 h agás os Mércores de 9,00 h a 14,00 h

 

X

 

 


Publicado en Xuventude
Visto 1432 veces

O concurso que te fai escribir en galego

Acto de entrega premios Concurso verbas para comunicar. Letras…

19 Mai 2017

O Alcalde, Agustin Reguera, e a Concelleira de Xuventude, Noelia Ocampo, entregaron este venres 19 de maio os premios do Concurso Verbas para Comunicar organizado polo día das Letras Galegas...

Concurso: Verbas para ... comunicar "Letras Galegas 2017"

3 Marzo 2017

Ábrese o prazo para participar no concurso VERBAS PARA... COMUNICAR 2017. Este concurso impulsado polo Concello de Soutomaior, a través da Concellería de Xuventude, vai dirixido a mozos e mozas...

O magazine que te fai falar en inglés

Primeiro número do magazine SoutoNews

9 Xuño 2017

Soutonews finalizou o curso este venres 9 de xuño. Este proxecto de inmesión lingüística en inglés comezou no mes de marzo e vai dirixida a mozos e mozas de 12...