Luns, 13 Novembro 2017 09:52

Asfaltado Barrio Sameán

O Concello de Soutomaior acaba de finalizar as obras de asfaltado e acondicionamento no barrio de Sameán. A mellora comprende a reparación e asfaltado dun total 3500 metros cadrados. O alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, comprobou onte o resultado destes traballos que definiu como “unha mellora para a seguridade viaria e a calidade de vida dos nosos vecinos”.O proxecto conta cun orzamento total de execución de 35.242 euros.

Os traballos de mellora divídense en tres tramos. O primeiro deles, de 480 metros de lonxitude por 5 de ancho, un segundo de 112 por 2,5 metros e un terceiro de 50 metros con dous e medio de ancho. Ademais, reafirmouse un tramo de sobreancho de 396 metros de longo para mellorar o remate da nova capa de rodaxe. Os traballos finalizaron coa instalación de 6 novas tapas de rexistro, a nivel co novo firme, e as correspondentes marcas viarias.

Ademais, e como parte de preparación do terreo, procedeuse á regulación dalgunhas cunetas para asegurar que están libres de restos orgánicos e vexetais procedentes da limpeza das leiras e camiños.En total a mellora dota de case 3500 metros cadrados de novo firme á rede viaria municipal coa intención de aumentar a seguridade e confortabilidade do tráfico ademais de previr os problemas que poidan ocasionar as choivas.


Publicado en Vias e Obras


Concellería de Vías e Obras
Casa do Concello

Asfaltado Barrio Sameán

13-11-2017 / Vias e Obras

O Concello de Soutomaior acaba de finalizar as obras de asfaltado e acondicionamento no barrio de Sameán. A mellora comprende a reparación e asfaltado dun total 3500 metros cadrados. O alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, comprobou onte o resultado destes traballos que definiu como “unha mellora para a seguridade viaria e a calidade de vida dos nosos vecinos”.O proxecto conta...