Venres, 17 Xullo 2015 10:28

Novos accesos praia Matilde

NOVOS ACCESOS PRAIA MATILDE (ARCADE)

A praia Matilde de Arcade xa dispón dos seus novos accesos totalmente acondicionados.

Despois da rehabilitación do peirao, a instalación dos baños públicos e a nova escaleira, os traballos de acondicionamento no acceso á praia de Matilde danse por finalizados coa instalación dunha nova varanda de seguridade para evitar accidentes.

Esta mellora levouse a cabo entre a Xefatura de Portos do Estado en Pontevedra e o Concello de Soutomaior.


Publicado en Vias e Obras
Visto 1215 veces