Mércores, 03 Mai 2017 10:48

Obras do novo instituto público

O alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, e o delegado da Xunta de Galicia en Vigo, Ignacio López-Chaves, visitaron onte os traballos de construción do novo instituto público do Concello de Soutomaior. Segundo puideron constatar, os traballos avanzan a bo ritmo e dentro do prazo previsto. Actualmente, tal e como informaron esta mañá os responsables técnicos dos traballos, xa está practicamente finalizados os cimentos do novo centro e espérase que para finais deste verán xa debería estar lista a estrutura principal do edificio.

O novo instituto terá capacidade para 480 alumnos, con 12 unidades de ESO e 4 de Bacharelato, e a súa construción cobre a necesidade educativa dun dos municipios con maior índice de natalidade de Galicia. Isto tradúcese nunha gran necesidade de prazas escolares para os próximos anos que ao ser cuberta axudará a fixar a poboación no municipio, contribuíndo así ao seu crecemento.

Neste sentido, o alcalde de Soutomaior declarou que se trata “dunha obra fundamental para o futuro do municipio, polo que as institucións debemos manter unha actitude vixiante e axudar a que todo avance da mellor maneira”. Pola súa banda, o delegado territorial da Xunta de Galicia en Vigo, López-Chaves, manifestou que este centro “vén cumprir o compromiso do departamento educativo da Xunta coas crecentes necesidades de prazas de escolarización que ten o Concello de Soutomaior e para o que a Xunta destinará máis de 5 millóns de euros”.


Publicado en Vias e Obras


Concellería de Vías e Obras
Casa do Concello

Asfaltado Barrio Sameán

13-11-2017 / Vias e Obras

O Concello de Soutomaior acaba de finalizar as obras de asfaltado e acondicionamento no barrio de Sameán. A mellora comprende a reparación e asfaltado dun total 3500 metros cadrados. O alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, comprobou onte o resultado destes traballos que definiu como “unha mellora para a seguridade viaria e a calidade de vida dos nosos vecinos”.O proxecto conta...