Mércores, 01 Marzo 2017 11:01

Novo depósito de auga Destacado

O alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, acompañado do Delegado da Xunta de Galicia en Vigo, Ignacio López-Chaves, e o presidente da Comunidade de Augas, Antonio Fonterosa visitaron hai uns días o novo depósito de auga construída pola Comunidade de Augas de Barreiras e Cernadas no barrio de Lourido, unha mellora que levou a cabo grazas a unha subvención do Goberno Autonómico de 15.000 euros.

O novo depósito dá servizo a un total de 180 familias de comuneiros que residen nos barrios de Ou Val, Sobral, Lourido e parte de Rial, garantindo un abastecemento constante durante todo o ano Ademais, o novo tanque construíuse nas inmediacións do anterior, tamén propiedade da Comunidade de Augas de, para poder comunicar os dous depósitos e facilitar futuros labores de limpeza nos mesmos sen afectar a subministración.

O alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, agradeceu ao Delegado o traballo levado a cabo desde a Xunta nesta clase de melloras. “Non é unha gran obra por importe, o é polo que leva para 180 familias. Unha mellora nun servizo fundamental como é a auga”, finalizou o edil.

Por último, o Delegado da Xunta de Galicia , Ignacio Lopez-Chaves, incidiu en que estas axudas “teñen como finalidade mellorar a calidade de vida local e fomentar e dinamizar o asociacionismo veciñal para a realización de investimentos”.


Publicado en Vias e Obras

Medios


Concellería de Vías e Obras
Casa do Concello

Obras de humanización no Peirao (Arcade)

19-04-2018 / Vias e Obras

O Concello de Soutomaior acaba de iniciar as obras de humanización na contorna do Peirao de Arcade. Os traballos de mellora, que contan cun orzamento de 219.000 euros, consisten nunha ampliación da zona peonil da rúa Peirao, a ampliación do aparcadoiro público e a renovación da calzada de acceso. Na práctica, os traballos de humanización da rúa Peirao implican unha renovación...