Luns, 05 Decembro 2016 10:49

Mellora Fonte dos Pereiros

O Concello de Soutomaior acaba de finalizar os traballos de recuperación que estaba a levar a cabo no lavadoiro e na fonte dos Pereiros en Arcade de Riba.

As fontes e lavadoiros públicos están relacionados co uso colectivo e o Concello de Soutomaior ten como obxectivo que estes lugares deben de seguir dando servizo e polo seu valor etnográfico hai que favorecer o seu mantemento e conservación.

A fonte, o lavadoiro e o contorno adecuose segundo as necesidades actuais actuando sobre a zona do lavadoiro con selado da balsa, solado de chan perimetral, cambio de cuberta, electricidade así como outras pequenas actuacións.

Esta obra está encadrada dentro do plan Concellos Deputacion de Pontevedra 2016.

Únese esta obra ás outras realizadas en lavadoiros e fontes como foron a de Fonte dá Xesteira, Pedreira e Romariz.


Publicado en Vias e Obras


Concellería de Vías e Obras
Casa do Concello

Obras de humanización no Peirao (Arcade)

19-04-2018 / Vias e Obras

O Concello de Soutomaior acaba de iniciar as obras de humanización na contorna do Peirao de Arcade. Os traballos de mellora, que contan cun orzamento de 219.000 euros, consisten nunha ampliación da zona peonil da rúa Peirao, a ampliación do aparcadoiro público e a renovación da calzada de acceso. Na práctica, os traballos de humanización da rúa Peirao implican unha renovación...