Venres, 07 Outubro 2016 09:41

Restauración da Fonte da Xesteira

A actuación está encadrada no Programa Municipal de Recuperación do Patrimonio.

O Concello de Soutomaior acaba de finalizar os traballos de recuperación do patrimonio que estaba a levar a cabo na coñecida Fonte dá Xesteira en Arcade.

A posta en servizo levarase a cabo esta tarde, a partir das 18,00 horas, cun pequeno acto no que contará coa presenza do Alcalde, Agustín Reguera, e están convidados os veciños da zona.

Contará coa actuación do Grupo de Gaitas da Asociación Cultural Miudos.

A nova fonte recuperouse con materiais nobres e autóctonos, como o granito e a madeira, para garantir a súa integración na contorna. O chan de todo o recinto renovouse cun solado de pedra granítica de 3cm de espesor ademais de proceder á instalación de novos bancos, unha nova porta de entrada e unha rampla de accesibilidade para persoas con diversidade funcional nas escaleiras que levan á mina.

A cuberta antiga foi demolida e construíuse unha nova que conta con columnas de pedra de 35x35 cm e un tellado de madeira laminada a catro augas.

Ademais recuperáronse por completo a zonas da balsa de auga e o muro perimetral con pedra tradicional galega..

Esta obra está encadrado dentro do Plan de Concellos da Deputación de Pontevedra 2016.


Publicado en Vias e Obras


Concellería de Vías e Obras
Casa do Concello

Asfaltado Barrio Sameán

13-11-2017 / Vias e Obras

O Concello de Soutomaior acaba de finalizar as obras de asfaltado e acondicionamento no barrio de Sameán. A mellora comprende a reparación e asfaltado dun total 3500 metros cadrados. O alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, comprobou onte o resultado destes traballos que definiu como “unha mellora para a seguridade viaria e a calidade de vida dos nosos vecinos”.O proxecto conta...