Xoves, 30 Abril 2015 10:22

Reforma do peirao da praia de Matilde en Arcade

O mal estado no que se encontraba o peirao da praia de Matilde en Arcade aconsellaba a súa reforma e consolidación.

Por iso dentro do Plan Urxente de Mantemento de Servizos e Infraestruturas Municipais (PUSIM) financiado pola Deputación de Pontevedra na súa totalidade púxose en marcha este proxecto.

As obras consistiron na demolición do dique antigo e nova execución de muro de contención de fabricado con granito silvestre.

O custo do proxecto foi de 30.327 €

Con esta actuación conseguiuse que este peirao situado no paseo marítimo forme un todo armónico e interconectado.


Publicado en Vias e Obras


Concellería de Vías e Obras
Casa do Concello

Asfaltado Barrio Sameán

13-11-2017 / Vias e Obras

O Concello de Soutomaior acaba de finalizar as obras de asfaltado e acondicionamento no barrio de Sameán. A mellora comprende a reparación e asfaltado dun total 3500 metros cadrados. O alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, comprobou onte o resultado destes traballos que definiu como “unha mellora para a seguridade viaria e a calidade de vida dos nosos vecinos”.O proxecto conta...