Mércores, 18 Marzo 2015 19:30

Obras en Comboa

O Concello de Soutomaior finaliza os traballos de asfaltado e acondicionamento na acceso á Praia fluvial de Comboa

As obras contribuirán á mellora da seguridade vial e de servizos na zona da área recreativa. Os traballos de mellora comprenden a instalación de case 2.000 metros de aglomerado no devandito tramo, de 300 metros de longo por sete metros de anchura media, a creación de 30 novas prazas de aparcadoiro que darán servizo aos visitantes da área recreativa e a praia fluvial de Comboa ademais da ampliación das beiravías e as canalizacións de recollida de pluviais que garantirán o bo estado do vial nos días de chuvia ademais de prolongar a vida útil da recén estreada capa de rodadura.

Retiráronse 450 metros cúbicos de rocha que permitiron ampliar a curva e proporcionaron o espazo necesario para a instalación das novas prazas de aparcadoiro solicitadas polos veciños.


Publicado en Vias e Obras


Concellería de Vías e Obras
Casa do Concello

Obras de humanización no Peirao (Arcade)

19-04-2018 / Vias e Obras

O Concello de Soutomaior acaba de iniciar as obras de humanización na contorna do Peirao de Arcade. Os traballos de mellora, que contan cun orzamento de 219.000 euros, consisten nunha ampliación da zona peonil da rúa Peirao, a ampliación do aparcadoiro público e a renovación da calzada de acceso. Na práctica, os traballos de humanización da rúa Peirao implican unha renovación...