Xoves, 02 Novembro 2017 13:06

En Galicia durante outubro do ano 2017

Axudas para a reparación de danos causados polos incendios Destacado

Os afectados pola vaga de incendios xa poden solicitar as axudas da Xunta de Galicia. A contía inicial das achegas será de preto de 21 millóns de euros, pero poderase ampliar esa cantidade en función da demanda.

O Diario Oficial de Galicia publicou a orde de axudas ás que se poden acoller os afectados polo lume. En total, suman case 21 millóns de euros, divididos en dúas vertentes: 11 millóns para as indemnizacións por falecemento e axuda para reparar danos en vivendas, establecementos, infraestruturas e medio rural; e o resto destinarase á recuperación de solos e parques naturais.

 


Descargar adjuntos:

17-axudas-reparacions-danos-incendios-DOG244.pdf (300 Descargas)

Información adicional



Concellería de Medio Ambiente
Casa do Concello

Programa Municipal de Recuperación do Patrimonio (Lavadoiros Conviña e Viñó)

18-06-2018 / Urbanismo e Medio Ambiente

O Concello de Soutomaior acaba de finalizar os traballos que estaba a levar a cabo nos lavadoiros de Viñó e a Conviña no barrio de Lourido A posta en servizo destes dous lavadoiros terá lugar en próximo venres día 22 a partir das 20,30 horas coa actuación do grupo “A Troula de Soutomaior” A actuación está enmarcada no Programa Municipal de Recuperación...