Venres, 15 Xuño 2018 10:52

Permisos para as fogueiras do San Xoán 2018

Con motivo da celebración da festa do San Xoán na noite do sábado día 23 de xuño, o Concello de Soutomaior informa que todos aqueles veciños e entidades que desexen realizar unha fogueira ou cacharela, necesitarán unha autorización municipal, co obxeto de garantir unha maior seguridade durante o evento.

As solicitudes pódense recoller no Rexistro Xeral do Concello para a súa posterior entrega, lembrándolles que o prazo de presentación de solicitudes está aberto ata o día 21 de xuño ás 12,00 horas.




Concellería de Medio Ambiente
Casa do Concello

Programa Municipal de Recuperación do Patrimonio (Lavadoiros Conviña e Viñó)

18-06-2018 / Urbanismo e Medio Ambiente

O Concello de Soutomaior acaba de finalizar os traballos que estaba a levar a cabo nos lavadoiros de Viñó e a Conviña no barrio de Lourido A posta en servizo destes dous lavadoiros terá lugar en próximo venres día 22 a partir das 20,30 horas coa actuación do grupo “A Troula de Soutomaior” A actuación está enmarcada no Programa Municipal de Recuperación...