Venres, 17 Novembro 2017 10:55

Usa a auga con cabeza

O Concello de Soutomaior  chama aos seus veciñ@s a facer un uso responsable da auga.

A nivel municipal xa se tomaron medidas para reducir o consumo da auga.

A eliminación das regas nas zonas verdes, peche das fontes públicas municipais  así como non regar nos campos de futbol de herba artificial fan posible que o Concello de Soutomaior reduza o seu consumo de auga de maneira substancial

Compre subliñar que, con pequenos e sinxelos xestos que cada cidadán de xeito individual pode poñer en práctica axudamos a reducir o consumo da auga. Por exemplo, enchendo o lavalouzas ou a lavadora, afórranse 80 litros de auga e tamén enerxía eléctrica; ducharse en lugar de bañarse, permite aforrar case 200 litros; e é importante pechar as billas, porque gota a gora pódense ir 30 litros ao día. Así mesmo, é importante optimizar o consumo de auga en accións como lavar o coche, limpeza de rúas o regos.

O Concello  de Soutomaior a través de Augas de Galicia, sumouse á  iniciativa para fomentar o uso responsable da auga. “Usa a auga con cabeza”para  facernos ver aos galegos que é necesario facer un uso e consumo máis responsable pensando nun futuro.

 




Concellería de Medio Ambente
Casa do Concello

O nivel de alerta para Galicia sube a VERMELLO

10-12-2017 / Urbanismo e Medio Ambente

VENTO:Acadaránse refachos de 140 km/h (NIVEL VERMELLO) que afectaran a totalidade da p rovincia de PONTEVEDRA e as zonas de montaña de LUGO e OURENSE a partir da metade da tarde do domingo día 10. Acadaranse refachos máximos de 120 Km/h (NIVEL LARANXA) en toda a COMUNIDADE AUTONOMA que se iniciarán xa desde a mañán do día 10 na zona...