Xoves, 02 Novembro 2017 13:06

Axudas para a reparación de danos causados polos incendios Destacado

 

Axudas para a reparación de danos causados polos incendios que se produciron en Galicia durante o mes de outubro do ano 2017.

Os afectados pola vaga de incendios xa poden solicitar as axudas da Xunta de Galicia. A contía inicial das achegas será de preto de 21 millóns de euros, pero poderase ampliar esa cantidade en función da demanda.

O Diario Oficial de Galicia publicou a orde de axudas ás que se poden acoller os afectados polo lume. En total, suman case 21 millóns de euros, divididos en dúas vertentes: 11 millóns para as indemnizacións por falecemento e axuda para reparar danos en vivendas, establecementos, infraestruturas e medio rural; e o resto destinarase á recuperación de solos e parques naturais.

 


Descargar adjuntos:

17-axudas-reparacions-danos-incendios-DOG244.pdf (160 Descargas)


Concellería de Medio Ambente
Casa do Concello

Charla sobre a vespa asiática

14-02-2018 / Urbanismo e Medio Ambente

Casa da Cultura de Soutomaior – Sábado 17 de febreiro ás 19 horas          O Concello de Soutomaior organiza unha charla de carácter práctico ante a problemática da vespa velutina. Trátase de unir esforzos mediante a acción educativa e a aplicación de estratexias didácticas para loitar contra esta nova especie invasora coñecida como a vespa asiática. Por iso, o...