Mércores, 27 Setembro 2017 13:00

Como aforrar ata un 75% na túa factura da luz

Dalle luz á túa factura

Este xoves 28 de setembro ás 18,30 horas no Multiusos de Arcade acollerá esta charla informativa.

Un dos principais gastos dentro da economía doméstica é o destinado ao pago da factura eléctrica. Consciente da importancia que a factura eléctrica ten para o conxunto das persoas consumidoras e usuarias, a Escola Galega de Consumo (EGC) conta co programa Dálle luz á túa factura. Tipo de actividade: O programa Dálle luz á túa factura pretende facilitar os coñecementos básicos necesarios para comprender a factura eléctrica, para adoitar medidas de aforro no gasto eléctrico e para realizar unha reclamación nos distintos supostos que se poidan presentar en relación á contratación dos servizos prestados polas compañías eléctricas.

Contidos: 

  • Mercado regulado/mercado libre
  • Comercializadoras de referencia
  • Conceptos básicos: potencia eléctrica, ICP, CUPS, etc
  • Tipos de tarifas · Tipos de contadores
  • Medidas de aforro

 

Charla participativa:

os distintos contidos trabállanse a través dunha explicación oral, apoiada cunha presentación audiovisual e empregando un discurso aberto, de xeito que se facilite a participación do alumnado.




Concellería de Medio Ambente
Casa do Concello

O nivel de alerta para Galicia sube a VERMELLO

10-12-2017 / Urbanismo e Medio Ambente

VENTO:Acadaránse refachos de 140 km/h (NIVEL VERMELLO) que afectaran a totalidade da p rovincia de PONTEVEDRA e as zonas de montaña de LUGO e OURENSE a partir da metade da tarde do domingo día 10. Acadaranse refachos máximos de 120 Km/h (NIVEL LARANXA) en toda a COMUNIDADE AUTONOMA que se iniciarán xa desde a mañán do día 10 na zona...