Mércores, 08 Xuño 2016 12:32

Parque canino en Arcade

O Concello de Soutomaior comeza os traballos no novo parque canino de Arcade

O novo recinto terá unha superficie de 900 metros cadrados sobre o tunel do AVE na avenida de Castelao

O Concello de Soutomaior comezou recentemente os traballos de construción no que será o novo parque para cans de Arcade.

A medida responde á solicitude dun veciño da localidade a través das redes sociais e a plataforma colaborativa de peticións, Change.org, onde solicitou case 200 apoios de veciños e simpatizantes do mundo canino en poucas semanas.

O novo recinto, o segundo destinado a cans en Arcade,terá unha superficie total de 900 metros cadrados e instalarase na parcela situada sobre o túnel do AVE na avenida de Castelao.

Está previsto que o novo parque estea totalmente listo nas próximas semanas aproveitando un espazo ao que se lle daba pouco uso e que xa era utilizado por algúns veciños para pasear coas súas mascotas.

Como é costume neste tipo de espazos, instalaranse diversos elementos de divertimento para os cans, ademais de colectores para residuos, bolsas para a recollida de excrementos, unha fonte de auga adaptada e bancos para que os responsables dos animais poidan descansar mentres xogan as súas mascotas. Todo iso dentro dun recinto valado e con dobre entrada para garantir a total seguridade dos cans.

Do mesmo xeito, instalaranse paneis informativos á entrada do parque para concienciar aos usuarios da necesidade de contribuír ao bo uso e mantemento do mesmo.




Concellería de Medio Ambente
Casa do Concello

O nivel de alerta para Galicia sube a VERMELLO

10-12-2017 / Urbanismo e Medio Ambente

VENTO:Acadaránse refachos de 140 km/h (NIVEL VERMELLO) que afectaran a totalidade da p rovincia de PONTEVEDRA e as zonas de montaña de LUGO e OURENSE a partir da metade da tarde do domingo día 10. Acadaranse refachos máximos de 120 Km/h (NIVEL LARANXA) en toda a COMUNIDADE AUTONOMA que se iniciarán xa desde a mañán do día 10 na zona...