Martes, 13 Marzo 2018 10:36

Comparte saúde. Doa sangue

Mércores 14 de Marzo

Unidade Mobil diante do Concello (Soutomaior): de 10,00 a 12,00 horas

Unidade Mobil  na rúa Xose Solla (Arcade): de 12,15 a 14,00 horas e de 16,00 a 21,00 horas

A organización de campañas de doazón en unidades móbiles é o principal vehículo utilizado polo Centro de Transfusión de Galicia (CTG) para alcanzar o aumento do número de doazóns.

A unidade de Promoción do CTG elabora as campañas de doazón para lograr que Galicia mantéñase nun índice de 40-60 doazóns por cada 1.000 habitantes e ano, cifra que recomenda a Organización Mundial da Saúde (OMS) como adecuada para garantir a cobertura de hemoderivadosnos hospitais galegos.

O traballo desta unidade consiste en captar e manter unha base ampla, estable e crecente de persoas que doen sangue de modo regular, voluntario e cunha motivación altruísta.



Concellería de Servicios Sociais
e Sanidade

Casa do Concello

Súmate doa sangue

15-05-2018 / Servicios Sociais e Sanidade

Venres 18 de Maio - Arcade Unidade Móbil na Rúa Xosé Solla,2-4 (enfronte farmacia) Horario: de 16,00 ás 21,00 horas Doar sangue non debilita o noso organismo. Cada día, nos hospitais galegos, centos de enfermos precisas da túa solidaridade para recuperar a saúde ou salvar a vida. Doar sangue é vital para atender aos doentes que se teñen que operar, que padecen cancro ou leucemia...