Xoves, 20 Xullo 2017 09:28

Campaña solidaria #súmatedoasangue

Xoves 20 de Xullo de 10,00 a 14,00 horas e de 16,00 a 21,00 horas

Avd. Xose Solla,2-4 /Roxelio Landeiro- Arcade (Fronte á Farmacia))

O Concello de Soutomaior colabora coa campaña solidaria

#súmatedoasangue

O Concello de Soutomaior acadou o pasado ano 2016 unha taxa de 31 doazóns por cada 1.000 habitantes e o obxetivo é acadar unha participación dentro das cifras que recomenda a Organización Mundial da Saúde (40 a 60 doazóns por cada 1.000 habitantes)

Queremos facer un agradecemento especial as persoas que participan cada ano nas campañas de doazóns de sangue.

Neste verán os enfermos non toman vacacións e moitas persoas dependen deste xesto solidario para recuperar a saúde

Cada día, as doazóns de sangue recollidas nos locais de doazón e nas 10 unidades móviles que percorren os concellos galegos envíanse ás dependencias de ADOS para o seu procesamento, análise e conervación.

Establécese con cada hospital unas reservas de seguridade de cada grupo sanguíneo e, diariamente,envíanse os componentes que precisan para a súa actividade asistencial programada e facer fronte ás urxencias.

Unha destas unidade móviles desplarazase ata o Concello de Soutomaior.

Súmate se tes entre 18 e 65 anos e pesas máis de 50 quilos. Persoal sanitario revisará a túa saúde antes da doazón e utilizará material estéril e dun só uso.

 



Concellería de Servicios Sociais
e Sanidade

Casa do Concello

Súmate doa sangue

30-10-2017 / Servicios Sociais e Sanidade

Doar sangue non debilita o noso organismo. Cada día, nos hospitais galegos, centos de enfermos precisas da túa solidaridade para recuperar a saúde ou salvar a vida. Doar sangue é vital para atender aos doentes que se teñen que operar, que padecen cancro ou leucemia, que sufriron accidentes de tráfico ou para os traspantes de órganos. Súmate se tes entre 18 e 65...