Martes, 15 Mai 2018 12:59

Súmate doa sangue

Venres 18 de Maio - Arcade

Unidade Móbil na Rúa Xosé Solla,2-4 (enfronte farmacia)

Horario: de 16,00 ás 21,00 horas

Doar sangue non debilita o noso organismo.

Cada día, nos hospitais galegos, centos de enfermos precisas da túa solidaridade para recuperar a saúde ou salvar a vida.

Doar sangue é vital para atender aos doentes que se teñen que operar, que padecen cancro ou leucemia, que sufriron accidentes de tráfico ou para os traspantes de órganos.

Súmate se tes entre 18 e 65 anos e pesas máis de 50 quilos.

Persoal sanitario revisará a túa saúde antes da doazón e utilizará material estéril dun só uso.

Nos esquezas levar o teu DNI, non acudas sen almorzar e despois de xantar espera 2 horas, informa ao médico se estás a tomar algún medicamento.

Ti dás o tipo

 



Concellería de Servicios Sociais
e Sanidade

Casa do Concello

O Alcalde esixe que se cubra o servicio do médico en Soutomaior

11-07-2018 / Servicios Sociais e Sanidade

O Alcalde de Soutomaior Agustín Reguera, ante as noticias que non vai haber médico de atención primaria durante 5 días no Centro de Saúde de Soutomaior, dirixiu un escrito á Xerencia de xestión integrada de Pontevedra e ao Conselleiro de Sanidade esixindo que se cubra a praza os días 16,17,23,26 e 27 de Xullo xa que non se pode deixar...