Xoves, 14 Xuño 2018 09:48

1ª Feira Ecolóxica e Artesanal

O Concello de Soutomaior pon en marcha a súa primeira Feira ecolóxica e artesanal que terá lugar no Peirao de Arcade o vindeiro domingo 17 de Xuño a partir das 10,30 h.

Este Mercado Eco-Artesanal e de proximidade ten como obxectivo a recuperación, dos mercados tradicionais como espazo de encontro da veciñanza. Un enclave perfecto tanto para comprar produtos naturais e ecolóxicos feitos no rural galego, como para comer e gozar das conversas próximas.

Xunto aos mercados,  realizaranseactividades para todas as idades  (música, talleres, sorteos….

 Mostramos oficios tradicionais e informamos sobre novas tendencias do consumo sustentable. Todo isto enfocado a converter este mundo que compartimos nun espazo mellor para todos.

Horarios

 10,30 h.: Apertura del Mercado

11,00 h.: Música tradicional “Miúdos”

12,00 h: Agro-Olimpiadas para nen@s

12,30 h.: Música tradicional “Poalleira”

17,30 h.: Música tradicional “Grupo de baile e pandereteiras Soutomaior”

18,00 h.: Taller de cabanas de indios (tipis) para nen@s

18,30 h.: Taller de “Crochet tradicional”

Pasa o día con nós.

Canta, conversa, xanta, baila, refréscate, xoga, merca ……….

 



Concellería de Novas Tecnoloxías
e Comercio

Casa do Concello

1ª Feira Ecolóxica e Artesanal

14-06-2018 / Novas Tecnoloxías e Comercio

O Concello de Soutomaior pon en marcha a súa primeira Feira ecolóxica e artesanal que terá lugar no Peirao de Arcade o vindeiro domingo 17 de Xuño a partir das 10,30 h. Este Mercado Eco-Artesanal e de proximidade ten como obxectivo a recuperación, dos mercados tradicionais como espazo de encontro da veciñanza. Un enclave perfecto tanto para comprar produtos naturais e...