Mércores, 24 Mai 2017 12:21

5ª Reunión da Mesa de abordaxe integral contra a violencia de xénero

O pasado venres 19 de Maio, desenvolveuse no Multiusos de Arcade, a quinta Mesa de Coordinación par a atención integral das vítimas de violencia de xénero. O pasado venres 19 de Maio, desenvolveuse no Multiusos de Arcade, a quinta Mesa de Coordinación par a atención integral das vítimas de violencia de xénero.

Na presente xuntanza aprobouse a constitución da Mesa Interinstitucional, que intenta integrar o ámbito educativo, sanitario, servizos sociais e corpos de seguridade locais para a creación de redes de traballo e coordinación e dar unha resposta máis integral fronte a violencia de xénero.

A mesa presidida por Agustín Reguera Ocampo, Alcalde de Soutomaior, e Cristina González Piedras, Concelleira de igualdade, e a xefa da unidade contra a violencia contra a Muller, Mª Paz Pérez Asorei, agrupou a técnicos do Concello de Soutomaior, e tamén do Concello de Pazos de Borbén e do Concello de Vilaboa, ambolos tres Concellos reciben atención e asesoramento no CIM de Soutomaior, grazas a un convenio firmado por este concello cos municipios veciños.

A dita mesa vai constituír unha ferramenta operativa na que están representados todos os ámbitos municipais, e outros, implicados, directa ou indirectamente, na loita contra a violencia de xénero co obxecto de procurar unha maior eficiencia de todas as actuacións a tal fin.

Na Mesa, onde estaban representados os servizos sociais dos tres Concellos e representantes da Garda Civil dos postos de Moaña, Fornelos de Montes e Soutomaior, así como un representante do EMUME, abordáronse entre outros temas a necesidade de axilizar e perfeccionar a derivación  os recursos de emerxencia en situacións de violencia de xénero, a mellora para a coordinación e a derivación interinstitucional entre os tres municipios e os diferentes axentes implicados, e as demandas detectadas polas técnicas na ruta crítica das mulleres.

Así mesmo falouse sobre as diferentes Mesas técnicas de traballo que se están levando a cabo co ámbito educativo e sanitario co fin de incorporar representantes dos mesmos a Mesa Insterinstitucional.

Trátase dunha iniciativa que busca incrementar o grao e a calidade da coordinación interinstitucional por parte de todas as administracións públicas, e contribuír así a optimizar a accesibilidade aos recursos e á prestacións dos servizos de atención ás mulleres do noso ámbito municipal afectadas por situacións de violencia de xénero.


Publicado en Igualdade
Visto 384 veces