Xoves, 15 Marzo 2018 13:52

Presentación da V Carreira da Ostra

O Alcalde de Soutomaior presentou esta mañá a V carreira da Ostra que se celebrará o domingo 25 de marzo, unha semana antes da celebración da festa gastronómica que dá nome á carreira.

Será un percorrido de 6.000 m con saída e chegada ao Peirao de Arcade.

A inscrición xa se pode realizar a través de www.croonotec.es é de 5€ para o público xeral e gratuíta para todos os participantes empadroados no Concellode Soutomaior.

Xa está aberta tanto para atletas federados como non federados, e persoas de todas as idades.

 Pódense formalizar ata o 21 de marzo.

 Os menores e os empadroados no Concello deben realizar a súa inscrición no Pavillón Municipal en horario de tarde ou ben por correo en Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo..

 O Alcalde, Agustín Reguera, anima a todos a participar nesta carreira popular tanto con afán competitivo como con afán lúdico e recreativo xa que a carreira está pensada para participar das dúas maneiras.

Así mesmo anima aos máis novos, desde a categoría chupete(de 0 a 5 anos) pasando polas categorías pitufos, benjamines, alevíns, infantís e cadetes, a practicar deporte de maneira recreativa e de convivencia.

 Todos os participantes nas categorías inferiores levarán un recordo da súa participación na V carreira da ostra xa que nestas categorías non terá carácter competitivo.


Publicado en Deportes e Pavillón

Actividades de Verán 2018


Concellería de Deportes
Pavillón Municipal A Montesiña

XXIV Concentración Seat 600

10-08-2018 / Deportes e Pavillón

Este domingo día 12 de agosto, a partir das 11:00 horas, terá lugar o tradicional encontro entre afeccionados aos “pelotillas”, como se coñece popularmente ao Seat 600, no Peirao. Unha cita que alcanza este ano a súa XXIV edición e converteuse nun auténtico referente nacional para os amantes deste clásico das nosas estradas. Decenas de, o que para moitos foi o...