Martes, 20 Febreiro 2018 13:35

Imos ao fútbol . R.C.Celta – S.D.Eibar

A Fundación Celta de Vigo, da man do Real Club Celta, pretende

promocionar e difundir o celtismo, ampliando a súa área de actuación máis

aló do Concello de Vigo. Por este motivo, esta tempada 2017 - 2018

continúase co proxecto Eurorrexión Galicia – Norte de Portugal.

Por iso convidaron aos inscritos nas Escolas Deportivas do Concellode Soutomaior ( maiores de 8 anos) a presenciar o encontro do próximo sábado día 24 ás 13,00 horas no Estadio de Balaidos entre o R. C.Celta e a S.D. Eibar.

Para anotarse deben de dirixirse ao pavillón municipal onde facilitarán os seus datos e as autorizacións pertinentes.

A saída será o sábado ás 11,00 horas desde o propio pavillón, visitarase o Museo do R. C. Celta, onde serán recibidos polo Presidente e polo Director da Fundación.

Entregaráselle unha bufanda do R. C.Celta, asistirán a pé de campo ao principio do quecemento e posteriormente verán o partido.

As prazas están limitadas e cubriranse por rigorosa orde de inscrición.


Publicado en Deportes e Pavillón

Actividades de Verán 2018


Concellería de Deportes
Pavillón Municipal A Montesiña

XXIV Concentración Seat 600

10-08-2018 / Deportes e Pavillón

Este domingo día 12 de agosto, a partir das 11:00 horas, terá lugar o tradicional encontro entre afeccionados aos “pelotillas”, como se coñece popularmente ao Seat 600, no Peirao. Unha cita que alcanza este ano a súa XXIV edición e converteuse nun auténtico referente nacional para os amantes deste clásico das nosas estradas. Decenas de, o que para moitos foi o...