Mércores, 14 Febreiro 2018 11:22

Nace o equipo ciclista Arcadecycles Team

O día 1 de Xaneiro nacía o equipo de ciclismo Arcadecycles Team.

Fincado con sede en Arcade (Soutomaior), este equipo presidido por David Glez e Ivan Vidal, créase da man da tenda de Arcadecycles, unha pequena e modesta tenda en Arcade (Soutomaior) rexentada por David Gonzalez e Diego Feijóo. O equipo é formado coa idea de promover o deporte como no seu caso o ciclismo de estrada, o BTT, o triatlon e de duatlon cros. Este proxecto empeza cun grupo de amigos aos cales se foron sumando corredores da talla de Ruben Atrio ( Campeon Galego de XCM 2017), Alberto Rodriguez, Ivan Vidal, Javier Fontes ou Jose Manuel GomezBestilleiro (Campión Galego de XC, XCM 2013, 2014, 2015).

·        

A día de hoxe sumámoslle a incorporación de Alvaro Pino (gañador da Volta a España 1986, e director técnico de equipos como o Xacobeo Galicia ou o Phonac), como padriño e embaixador do equipo. O pasado dia 11 de Febreiro, disputábase a primeira cita coa Copa de Galicia XCM, onde Rubén Manuel Atrio lograba defender o seu liderado no seu categoria M30, e conseguindo unha 2 posición na clasificación xeral a falta de 3 carreiras.
Asi mesmo o Arcadecycles Team estreábase cun 2 posto por equipos, que non esta nada mal para un equipo onde todos integrantes aspiran a pasalo ben sen grandes pretensións para poder promover este deporte como é o ciclismo.

A próxima cita será o dia 25 de Febreiro na primeira proba da Transgalaica2018 en Cotobade. Un dos obxectivos do ArcadecyclesTeam é poder participar nas probas de ámbito nacional como poden ser:

Cto España triatlon media distancia - Cto Galego triatlon-Cto España triatlon larga distancia-Cto España ciclocross-Copa Galicia ciclocross

Vuelta a Lugo master carretera- Vuelta Rias Baixas carretera-Cto Galego de carretera -Cto Galego de contrareloj individual y por equipos -Cto Galego xc -Copa Galicia xcm -Cto Gallego xcm-Transgalaica 2018

 

 

 

 


Publicado en Deportes e Pavillón


Concellería de Deportes
Pavillón Municipal A Montesiña

Cross Escolar

22-02-2018 / Deportes e Pavillón

O pasado martes celebrouse en Arcade o primeiro cross escolar onde participarón100 nenos e nenas dos colexios Santiago Apostol- Soutomaior, O Toural – Vilaboa, Pontesampaio- Pontevedra, Curros Enriquez de Pazos de Borbén. A carreira estaba organizada pola Agrupación Deportiva 14 dentro do programa Xogade da Secretaría Xeral para o Deporte e contou coa colaboración do C.D.Arcade e Comunidade de Montes da...