Luns, 04 Decembro 2017 13:43

Kick Boxing Club Arcade campión de España de clubes

O Alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, recibiu no Concello aos deportistas do KickBoxingClub Arcade que se proclamou Campión de España de Clubs.

O Alcalde entrégolle un recordo da visita para o Club que recibiu o seu director técnico Lito Alvarez e tamén un pequeno obsequio para @s deportistas presentes.

Aproveitou a ocasión o Alcalde para felicitar a todos estes deportistas e animounos a seguir no deporte e seguir sendo un dos clubs referencia e motivo de orgullo para o noso Concello.

O KickBoxing Club Arcade conseguiu a primeira posición do Campionato de España de clubs que se celebrou no Multiusos Fontes do Sar da capital galega.

O Club de Arcade foi líder na clasificación final por puntos e por medallas tras sumar todas as modalidades.

Participación en Santiago un total de 57 clubs e máis de 600 deportistas de toda España. Disputáronse na xornada de clausura un total de 137 finais, 37 delas na categoría sénior e as outras 100 en nenos e nenas ata júnior.


Publicado en Deportes e Pavillón


Concellería de Deportes
Pavillón Municipal A Montesiña

Kick Boxing Club Arcade campión de España de clubes

04-12-2017 / Deportes e Pavillón

O Alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, recibiu no Concello aos deportistas do KickBoxingClub Arcade que se proclamou Campión de España de Clubs. O Alcalde entrégolle un recordo da visita para o Club que recibiu o seu director técnico Lito Alvarez e tamén un pequeno obsequio para @s deportistas presentes. Aproveitou a ocasión o Alcalde para felicitar a todos estes deportistas e animounos...