Mércores, 08 Novembro 2017 10:14

Liga Nacional de Billarda

Sábado 11 a partir das 16,00 horas – Pavillón A Montesiña

 

A billarda é un dos xogos máis populares e conocidos de Galicia, sobre todo durante a temporada estival. Xa se xogaba no siglo XIX, no periódico de Lugo A Monteiro do ano 1889 decíase que era un xogo de moda actual entre os nenos. Ademáis afirmaba que non sabía que era o inventor, pero que non devía ser un calqueira, porque tiña máis utilidades das que parecía, dalle agilidade ó corpo, forza o brazo e enseña a calcular as distancias a ollo. 

Esencialmente consiste en darlle cun pao (palanca) a outro máis pequeno (billarda), para que salte e envialo o mais lonxe posible. 

A vindeira xornada (6ª) será en Soutomaior o sábado 11 de novembro no pavillón Municipal A Montesiña a partir das 16,00 horas  colaborando o Concello de Soutomaior e organizada por Valpaços Terra Quente de Vigo, equipo que domina a Categoría de Equipos Femininos con bastante solvencia, aínda que non debe descoidarse, xa que, Corredoiras e Gharaboto, non se distanciaron definitivamente. De todos os xeitos, o equipo de Vigo é a maior potencia feminina de toda a LNB, comprendidas as Conferencias Noreste e Noroeste e, polo tanto, sería unha sorpresa enorme que non consiguisen o título.

 É unha liga aberta, que aínda que se compite por equipos calquera persoa que quera pode inscribirse para participar.

Participarán cerca de un cento de “palanador@s “ nas categorías de masculino, femenino e infantil.

 


Publicado en Deportes e Pavillón


Concellería de Deportes
Pavillón Municipal A Montesiña

Kick Boxing Club Arcade campión de España de clubes

04-12-2017 / Deportes e Pavillón

O Alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, recibiu no Concello aos deportistas do KickBoxingClub Arcade que se proclamou Campión de España de Clubs. O Alcalde entrégolle un recordo da visita para o Club que recibiu o seu director técnico Lito Alvarez e tamén un pequeno obsequio para @s deportistas presentes. Aproveitou a ocasión o Alcalde para felicitar a todos estes deportistas e animounos...