Venres, 29 Setembro 2017 12:04

Presentado por Terio Carreira (TVG) e o actor e humorista Sergio Pazos

O Concello de Soutomaior homenaxea aos seus deportistas, clubs e lendas

A I Gala do Deporte a presentan o xornalista da TVG Terio Carreira (dereita) e o actor e humorista Sergio Pazos A I Gala do Deporte a presentan o xornalista da TVG Terio Carreira (dereita) e o actor e humorista Sergio Pazos

Hoxe venres ás 21,30 h., o Multiusos de Arcade acollerá a primeira edición da Gala do Deporte do Concello de Soutomaior co obxectivo de homenaxear aos deportistas, clubs e persoas que destacaron pola súa traxectoria deportiva  e labor a favor do deporte.

Cada Club nomeou a un deportista, delegado, afeccionado, colaborador, etc. para que lle sexa recoñecida nesta gala o seu labor a favor do deporte.

Así mesmo tamén se recoñecerán os meritos aos deportistas individuais empadroados no Concello que practican modalidades deportivas distintas aos clubs locais. Os que recibirán a distinción son: Barbara Iglesias, Rubén Fernandez, Antonio Palmas, Fran Piñeiro, Pedro Lorenzo, Aldara Cabaleiro y Rita Lorenzo.

Un total de 23 persoas con carácter individual, 16 clubs e 3 lendas do deporte do Concello de Soutomaior serán homenaxeados nunha gala que terá unha duración duns 90 minutos e que será conducida polo xornalista da TVG, Terio Carreirae o actor e humorista Sergio Pazos e onde existirá moito humor e sorpresas e coa actuación dun dos grupos de moda musicais do momento, Terapia de Grupo.

Nesta primeira edición desde a concellería de deportes quérese recoñecer o importante tramado deportivo dos clubs do Concello das modalidades de Tiro, Motociclismo, Caza, Artes Marciais, Ciclismo, Patinaxe, Pesca, Fútbol, Esquí Náutico, Tenis/pádel, e Baloncesto.

Tamén haberá un momento para o recordo e o agradecemento polo labor realizado no apartado de Lendas do deporte, neste apartado o Concello recoñecerá o labor e a dedicación de Cesáreo Orge, José Lorenzo (Pelete), Lorenzo Verde, Manuel Castelán (Cirillo), Antonio Cernadas, Conrado Lusquiños e Manuel Seoane os catro últimos en recoñecemento do traballo realizado no C.D. Arcade e C.D. Soutomaior respectivamente.

A gala comezará as 21,30 horas, con entrada libre para todos os asistentes.


Publicado en Deportes e Pavillón


Concellería de Deportes
Pavillón Municipal A Montesiña

Kick Boxing Club Arcade campión de España de clubes

04-12-2017 / Deportes e Pavillón

O Alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, recibiu no Concello aos deportistas do KickBoxingClub Arcade que se proclamou Campión de España de Clubs. O Alcalde entrégolle un recordo da visita para o Club que recibiu o seu director técnico Lito Alvarez e tamén un pequeno obsequio para @s deportistas presentes. Aproveitou a ocasión o Alcalde para felicitar a todos estes deportistas e animounos...