Luns, 18 Setembro 2017 13:11

Melloras nos vestiarios do Campo de Fútbol de Salgueirón.

O Concello de Soutomaior , seguindo no seu labor de mellorar as instalacións deportivas, finalizou o arranxo dos vestiarios e baños  do Campo Municipal de Salgueirón onde xoga os seus partidos os equipos das distintas categorías do C.D. Arcade.

O ano pasado foi quenda para arranxar os vestiarios do Campo de Fútbol Municipal de Candán en Soutomaior e para seguir mellorando as instalacións deportivas este ano acometéronse as obras en Salgueirón.

As obras consistiron na renovación completa de pavimentos, acabados e instalacións de fontanería e electricidade, dotándoos de elementos de seguridade tales como alumado de emerxencia e sinalización.  Alumado tipo led de baixo consumo e detectores de presenza. Novas carpinterías de aluminio e enrejados.

Nos baños exteriores realizouse unha reforma integral dotándoos de máis cabinas  e habilitando unha delas de forma que sexa practicable para poder ser utilizada por persoas con algún tipo de discapacidade. Renováronse as instalacións, pavimentos, acabados e louza. Nova carpintería de madeira e sinalización.

Procedeuse tamén a un pintado exterior dos vestiarios e baños.

Esta obra está encadrada dentro do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra 2017.

O Concello de Soutomaior , na súa área de deportes, seguirá co seu plan de melloras das instalacións deportivas municipais completándoas este ano co pavillón municipal A Montesiña onde se iniciará cunhas substitucións de paneis na cuberta e posteriormente instalarase o parquet deportivo, un pavimento que proporciona unha solución por anos e que protexe as articulacións e evita posibles lesións.

Así mesmo, en poucos días, iniciarase a construción dunha terceira pista de pádel. Unha demanda de carácter urxente polos usuarios das pistas así como polo Club T & P Soutomaior xa que a súa participación na liga galega está supeditada a poder dispoñer de tres pistas para os partidos oficiais tanto en categorías masculina como feminina


Publicado en Deportes e Pavillón


Concellería de Deportes
Pavillón Municipal A Montesiña

Kick Boxing Club Arcade campión de España de clubes

04-12-2017 / Deportes e Pavillón

O Alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, recibiu no Concello aos deportistas do KickBoxingClub Arcade que se proclamou Campión de España de Clubs. O Alcalde entrégolle un recordo da visita para o Club que recibiu o seu director técnico Lito Alvarez e tamén un pequeno obsequio para @s deportistas presentes. Aproveitou a ocasión o Alcalde para felicitar a todos estes deportistas e animounos...