Venres, 15 Setembro 2017 13:43

Recoñecemento os clubs federados do Concello e deportistas individuais.

1ª Gala do Deporte do Concello de Soutomaior

O vindeiro venres 29 de setembro a partir das 21,30 horas terá lugar no Multiusos de Arcade a 1ª Gala do Deporte do Concello de Soutomaior.

Nela recoñecerase a todos os clubs deportivos do Concello o seu labor a favor do deporte e a xunta directiva de cada club nomeará un deportista, delegado, colaborador ou seguidor que considere oportuno para agradecer a axuda prestada ao club.

Así mesmo premiaranse a deportistas individuais polos logros deportivos e humanos da tempada pasada.

Esta 1ª Gala terá un obxectivo que é o de valorar aos clubs e aos deportistas non exclusivamente polos seus resultados deportivos se non tamén pola súa dedicación, esforzo e promoción polo deporte.

En posteriores galas premiaranse aos deportistas e clubs convocando os premios cunhas bases reguladoras onde poderán concorrer os deportistas e os clubs deportivos do Concello de Soutomaior

Por último recibirán o recoñecemento unha serie de persoas que de longa traxectoria deportiva sentaron as bases do deporte do Concello.

Nuns días irase ampliando a información para esta 1ª Gala do Deporte onde están representados os 18 clubs federados do Concello e deportistas individuais que representan a máis de 20 deportes distintos


Publicado en Deportes e Pavillón


Concellería de Deportes
Pavillón Municipal A Montesiña

Resultados V Carreira da Ostra

27-03-2018 / Deportes e Pavillón

Brais Misa de Porriño foi o vencedor da V Carreira dá Ostra celebrada en Arcade en pasado domingo cun percorrido urbano de 6 km, realizou o percorrido en 18 min 35 seg mellorando o record da carreira que estaba en 19 min 11 seg do ano pasado. segundo e terceiro clasificáronse Jorge Janeiro e Gabriel Vázquez respectivamente. Na categoría feminina a primeira...