Martes, 12 Setembro 2017 10:02

Mellora cuberta Pavillón Municipal

O Concello de Soutomaior destinará 15.000 euros na renovación da cuberta do pavillón da Montesiña. A actuación, financiada a través dun convenio coa Secretaría Xeral de Deportes da Xunta, comezará nos próximos días para reparar a cuberta antes da chegada do inverno.

Traballadores municipais detectaron algunhas deficiencias na cuberta do pavillón que producían filtracións de auga nas zonas transparentes do tellado que proporcionan luz natural ao recinto. Danos que foron atribuídos ao desgaste dos materiais e as inclemencias meteorolóxicas, polo que se optou por substituír estes paneis por outros novos de maior calidade e que garantirán a estanqueidad da cuberta.

A actuación enmárcase no Plan de mantemento e mellora de instalacións deportivas do Concello, no que se inclúen a renovación da pista polideportiva do pavillón, a mellora dos vestiarios dos campos de fútbol municipais e a construción dunha nova pista de pádel.


Publicado en Deportes e Pavillón


Concellería de Deportes
Pavillón Municipal A Montesiña

Festa da bicicleta 2018

13-07-2018 / Deportes e Pavillón

Este sábado día 14 a partir das 19,30 horas celebrarase a Festa da Bicicleta no Concello de Soutomaior. L a saída será desde o Peirao de Arcade para desprazarse ata o Pavillón Municipal onde, despois de avituallarse, retornarase ao sitio de saída. Haberá un pequeno circuíto pechado para os máis pequenos no mesmo Peirao e lémbrase que é obrigatorio o uso de...