Martes, 12 Setembro 2017 10:02

Mellora cuberta Pavillón Municipal

O Concello de Soutomaior destinará 15.000 euros na renovación da cuberta do pavillón da Montesiña. A actuación, financiada a través dun convenio coa Secretaría Xeral de Deportes da Xunta, comezará nos próximos días para reparar a cuberta antes da chegada do inverno.

Traballadores municipais detectaron algunhas deficiencias na cuberta do pavillón que producían filtracións de auga nas zonas transparentes do tellado que proporcionan luz natural ao recinto. Danos que foron atribuídos ao desgaste dos materiais e as inclemencias meteorolóxicas, polo que se optou por substituír estes paneis por outros novos de maior calidade e que garantirán a estanqueidad da cuberta.

A actuación enmárcase no Plan de mantemento e mellora de instalacións deportivas do Concello, no que se inclúen a renovación da pista polideportiva do pavillón, a mellora dos vestiarios dos campos de fútbol municipais e a construción dunha nova pista de pádel.


Publicado en Deportes e Pavillón
Visto 183 veces

Escolas Deportivas

 

 

 

Descargas: