Venres, 01 Setembro 2017 12:35

No Campo Municipal de Salgueirón en Arcade

Trofeo Fútbol Concello de Soutomaior

Este domingo día 3 a partir das 18,00 horas celébrase no Campo Municipal de Salgueirón en Arcade o Trofeo Concello de Soutomaior de Fútbol entre os equipos do Concello de categoría sénior o C.D. Arcade e C.D. Soutomaior.

O trofeo celébrase todos os anos de maneira alternativa nos campos municipais de Candán (Soutomaior) e Salgueirón (Arcade)

O C.D. Soutomaior prepara esta tempada tendo como obxectivo o ascenso a 2ª autonómica e para iso está a confeccionar un persoal que reúna os requisitos para lograr o ascenso.

O C.D. Arcade quere que este ano sexa o da súa consolidación na 2ª autonómica e cun persoal que ten como base a do ano pasado pero completada cunhas incorporacións que lle darán un plus de calidade ao equipo.

Doutra banda, no apartado de fútbol feminino, o Arcadia E.F. inicia este domingo no Campo de Salgueirón ás 12,00 horas, a liga galega de 2ª co claro obxectivo de tentar o ascenso á máxima categoría de fútbol feminino de Galicia


Publicado en Deportes e Pavillón


Concellería de Deportes
Pavillón Municipal A Montesiña

Liga Nacional de Billarda

08-11-2017 / Deportes e Pavillón

Sábado 11 a partir das 16,00 horas – Pavillón A Montesiña   A billarda é un dos xogos máis populares e conocidos de Galicia, sobre todo durante a temporada estival. Xa se xogaba no siglo XIX, no periódico de Lugo A Monteiro do ano 1889 decíase que era un xogo de moda actual entre os nenos. Ademáis afirmaba que non sabía que era...