Mércores, 30 Agosto 2017 12:49

A proba é puntuable para a Copa Galicia

XIV Baixada de Carrilanas 2017

Este domingo día 3 de setembro a partir das 17,00 horas celebrarase en Arcade a XIV edición da Baixada de Carrilanas.

Está organizada pola asociación veciñal e cultural Pozo Vello e co patrocinio do Concello de Soutomaior.

Un novo circuíto será a novidade mais relevante desta XIV edición, xa que a competición desprázase desde o lugar habitual (zona da Montesiña) para recolocarse na zona de Arcade de Riba, onde un circuíto mais longo e técnico poñerá a proba a pericia dos participantes.

O Concello de Soutomaior xa finalizou hai uns días as reparacións no trazado do circuíto que solicitaron os organizadores. Os organizadores representados por Álvaro Vergara, Daniel Álvarez e Vanesa Peón esperan unha gran participación de carrilanas de toda Galicia así como unha gran afluencia de público.

 

Competirán en 8 categorías:

  • C4-C8
  • C1-C4
  • Rodamentos RX 
  • Grabity Bike GB
  • Skeleton SK
  • Drift triple DT
  • CX colectivo 
  • CX individual

A proba é puntuable para a Copa Galicia.


Publicado en Deportes e Pavillón


Concellería de Deportes
Pavillón Municipal A Montesiña

Liga Nacional de Billarda

08-11-2017 / Deportes e Pavillón

Sábado 11 a partir das 16,00 horas – Pavillón A Montesiña   A billarda é un dos xogos máis populares e conocidos de Galicia, sobre todo durante a temporada estival. Xa se xogaba no siglo XIX, no periódico de Lugo A Monteiro do ano 1889 decíase que era un xogo de moda actual entre os nenos. Ademáis afirmaba que non sabía que era...