Venres, 18 Agosto 2017 11:28

No Peirao de Arcade

XXIII Concentración Seat 600

Este domingo día 20 de agosto, a partir das 11:00 horas, terá lugar o tradicional encontro entre afeccionados aos “pelotillas”, como se coñece popularmente ao Seat 600, no Peirao. Unha cita que alcanza este ano a súa XXIII edición e converteuse nun auténtico referente nacional para os amantes deste clásico das nosas estradas. Decenas de, o que para moitos foi o seu primeiro coche, volverán encher as rúas de Arcade de innumerables recordos no seu tradicional percorrido ata o Peirao.

17 clubs dos distintos lugares da comunidade galega e do resto de España farán posible que se reunan preto dun centenar de seat 600.

O sábado 19 desde as 16,00 ás 19,00 horas, no Peirao de Arcade, darase a benvida aos participantes, realizaranse as inscricións e sobre as 22,00 horas terá lugar unha cea de confraternidade.

O domingo a partir das 11,00 horas os participantes concentraranse na chaira do Peirao para ás 11,30 horas realizar unha ruta por Arcade, Vilaboa, Poio e Sanxenxo.

Por parte do Concello de Soutomaior farase entrega dun recordo desta concentración a cada unha das agrupacións e clubs participantes


Publicado en Deportes e Pavillón


Concellería de Deportes
Pavillón Municipal A Montesiña

3ª Carreira de orientación Concello de Soutomaior

21-05-2018 / Deportes e Pavillón

A orientación é unha actividade física ao aire libre que nos permite gozar da contorna, xa sexa urbano ou natural, sen perdernos. O deporte en si consiste en ir localizando uns postos de control ou balizas situadas no terreo. Para iso, dispoñemos da axuda dun mapa no que aparecen sinalados con precisión os lugares onde se atopan ditas balizas. Os controis...