Venres, 04 Agosto 2017 13:12

Mellora nas instalacións do campo de Petanca

Operarios do Concello de Soutomaior remataron hai uns días os traballos de mellora levados a cabo na pista de Petanca de Arcade. Unha actuación enmarcada na liña municipal de apoio ao deporte tradicional e que consistiu na instalación dunha nova fonte e un servizo completo nas inmediacións do campo.

A área de petanca está situada xunto na chaira de acceso ao paseo marítimo desde a rúa Fonte do Conde e é utilizada habitualmente “por veciños de todas as idades”, comentou o alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, que definiu o recinto como “un punto de encontro entre veciños de distintas xeracións, onde os mozos aprenden dos maiores e os maiores dos mozos”.

Os traballos de mellora consistiron na instalación dunha nova fonte de pedra tradicional galega e un servizo público completo conectado á rede de rede de sumidoiros pública. As obras consistiron en instalación de novos elementos realizados por empregados municipais, abaratando sensiblemente o custo total da mellora.


Publicado en Deportes e Pavillón
Visto 367 veces

Escolas Deportivas

 

 

 

Descargas:  

TV Concellería de Deportes