Venres, 04 Agosto 2017 13:12

Mellora nas instalacións do campo de Petanca

Operarios do Concello de Soutomaior remataron hai uns días os traballos de mellora levados a cabo na pista de Petanca de Arcade. Unha actuación enmarcada na liña municipal de apoio ao deporte tradicional e que consistiu na instalación dunha nova fonte e un servizo completo nas inmediacións do campo.

A área de petanca está situada xunto na chaira de acceso ao paseo marítimo desde a rúa Fonte do Conde e é utilizada habitualmente “por veciños de todas as idades”, comentou o alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, que definiu o recinto como “un punto de encontro entre veciños de distintas xeracións, onde os mozos aprenden dos maiores e os maiores dos mozos”.

Os traballos de mellora consistiron na instalación dunha nova fonte de pedra tradicional galega e un servizo público completo conectado á rede de rede de sumidoiros pública. As obras consistiron en instalación de novos elementos realizados por empregados municipais, abaratando sensiblemente o custo total da mellora.


Publicado en Deportes e Pavillón


Concellería de Deportes
Pavillón Municipal A Montesiña

3ª Carreira de orientación Concello de Soutomaior

21-05-2018 / Deportes e Pavillón

A orientación é unha actividade física ao aire libre que nos permite gozar da contorna, xa sexa urbano ou natural, sen perdernos. O deporte en si consiste en ir localizando uns postos de control ou balizas situadas no terreo. Para iso, dispoñemos da axuda dun mapa no que aparecen sinalados con precisión os lugares onde se atopan ditas balizas. Os controis...