Venres, 04 Agosto 2017 10:31

Torneo de Tenis e Padel Concello de Soutomaior

 Esta tarde iníciase o torneo de tenis e padel Concello de Soutomaior que reunirá nas pistas da Montesiña a máis de 100 parellas desde hoxe venres día 4 ata o vindeiro sábado día 12.

Os máis de 200 participantes dividiranse nas seguintes categorías:

Masculino (1 e 2ª categoría); Feminino (1 e 2ª categoría);Mixto; Iniciación masculina e feminina e para os mais mozos a categoría sub-14.

Ante a alta demanda de participación nos torneos, as clases das escolas deportivas, a liga social e as reservas por libre, o Concello de Soutomaior ten previsto para este próximo mes de setembro iniciar as obras dunha terceira pista de padel que poida cubrir as necesidades e a demanda existente.

O torneo de tenis e padel conta coa colaboración do club local Tenis & Padel Soutomaior


Publicado en Deportes e Pavillón


Concellería de Deportes
Pavillón Municipal A Montesiña

Cross Escolar

22-02-2018 / Deportes e Pavillón

O pasado martes celebrouse en Arcade o primeiro cross escolar onde participarón100 nenos e nenas dos colexios Santiago Apostol- Soutomaior, O Toural – Vilaboa, Pontesampaio- Pontevedra, Curros Enriquez de Pazos de Borbén. A carreira estaba organizada pola Agrupación Deportiva 14 dentro do programa Xogade da Secretaría Xeral para o Deporte e contou coa colaboración do C.D.Arcade e Comunidade de Montes da...