Venres, 14 Xullo 2017 13:02

Reparación do campo do Rial

Nesta última semana procedeuse á reparación do campo multifuncional de herba artificial do Rial.

Os  invernos pasara factura a esta instalación deportiva que se deteriorou co paso do tempo polo que se procedeu á limpeza da herba artificial con auga a presión e posterior reposición de area de silicio.

Así mesmo procedeuse á limpeza de fondos e laterais con posterior capa de verniz nas partes de madeira.

Tamén se recuperaron os bancos adxacentes á instalación e unha mellora do parque infantil que se atopa no mesmo lugar.

A instalación atópase xa en perfecto estado para que a poidan gozar nenos e maiores este verán.


Publicado en Deportes e Pavillón


Concellería de Deportes
Pavillón Municipal A Montesiña

Resultados V Carreira da Ostra

27-03-2018 / Deportes e Pavillón

Brais Misa de Porriño foi o vencedor da V Carreira dá Ostra celebrada en Arcade en pasado domingo cun percorrido urbano de 6 km, realizou o percorrido en 18 min 35 seg mellorando o record da carreira que estaba en 19 min 11 seg do ano pasado. segundo e terceiro clasificáronse Jorge Janeiro e Gabriel Vázquez respectivamente. Na categoría feminina a primeira...