Venres, 14 Xullo 2017 12:42

Festa da Bicicleta 2017

Mañá sábado día 15 a partir das 19,30 horas terá lugar a Festa da Bicicleta cuxa saída será desde o Peirao de Arcade.

O percorrido será ata o Pavillón Municipal onde se fará un pequeno descanso e aproveitarase para repoñer líquidos.

Haberá un circuíto pechado para os máis pequenos.

Todos os participantes que se unan ao percorrido terán que levar o regulamentario casco de seguridade.

Ao finalizar a carreira sortearanse entre todos os participantes dúas bicicletas, cascos e outro material deportivo.

Colaboran para esta festa da bicicleta a Policia Local, Club Ciclista Arcade, Motoclub  Os Pejos e Arcade cycles store


Publicado en Deportes e Pavillón


Concellería de Deportes
Pavillón Municipal A Montesiña

Kick Boxing Club Arcade campión de España de clubes

04-12-2017 / Deportes e Pavillón

O Alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, recibiu no Concello aos deportistas do KickBoxingClub Arcade que se proclamou Campión de España de Clubs. O Alcalde entrégolle un recordo da visita para o Club que recibiu o seu director técnico Lito Alvarez e tamén un pequeno obsequio para @s deportistas presentes. Aproveitou a ocasión o Alcalde para felicitar a todos estes deportistas e animounos...