Venres, 21 Outubro 2016 10:16

Mellora vestiarios Campo Fútbol Candán

Para o Concello de Soutomaior as instalacións deportivas teñen unha especial relevancia xa que se reúnen as condicións básicas para a súa goce por todas as persoas para unha práctica segura e funcional e así contribuír de forma decidida a aumentan o número de practicantes así como da súa calidade de vida.

Por iso séguense realizando distintas obras en instalacións deportivas e xa se finalizou o proxecto de melloras nos vestiarios do campo municipal de fútbol de Candán e anexos onde habitualmente xoga o C.D.Soutomaior e os seus distintos equipos de fútbol basee.

A obra consistiu en realizar un muro interior para impermeabilizar as paredes, bancos para vestiarios, falso teito de escaiola en todo o vestiario, traslado de depósito de gasóleo e pintado de todos os vestiarios e locais existentes.

Ademais no capítulo de iluminación instaláronse 8 novos focos con lámpadas de halogenuro metálico. Tras a portería onde se atopa situada a cantina instálase unha rede de protección encaixada en zapatas de formigón. Por último procedeuse á substitución da cuberta da zona de vestiarios con panel con dobre chapa.

Esta obra do Concello está dentro do Plan Concellos Deputación 2016.


Publicado en Deportes e Pavillón
Visto 1406 veces

Escolas Deportivas

 

 

 

Descargas: