Martes, 31 Mai 2016 10:45

Axudas para deportistas individuais do Concello de Soutomaior

O Concello de Soutomaior pon en marcha, este ano por primeira vez, as axudas para deportistas individuais para o ano 2016.

Terán a consideración de deporte de carácter individual todos aqueles que segundo a súa regulamentación son practicados por ou dous deportistas como máximo.

Como condicións para acceder a estas axudas é o de estar empadroado no Concello de Soutomaior e estar federado na modalidade deportiva.

Débense achegar, entre outros documentos, unha memoria deportiva do 2015 e outra con memoria económica para o 2016 As axudas concederanse en réxime de concorrencia competitiva e baixo os principios de obxectividade, transparencia, igualdade e non discriminante.

Para fixar as contías económicas puntuaranse as participacións en distintas competicións correspondentes ao ano 2015 aplicando uns baremos e uns coeficientes para cada modalidade deportiva

A dotación ornamentaría para estas axudas é de 5.000 € A data límite para a presentación de solicitudes é do 28 de Xuño.

A información completa na pagina do Concello www.soutomaior.com en “Axudas para deportistas individuais do Concello de Soutomaior anualidade 2016.”

Así mesmo nestas datas están a asinarse por parte do Concello de Soutomaior os distintos convenios de colaboración cos 18 clubs do Concello.

As axudas para estes clubs para este ano 2016 tiveron un incremento do 25%.


Publicado en Deportes e Pavillón
Visto 1890 veces

Escolas Deportivas

 

 

 

Descargas: