Venres, 03 Agosto 2018 09:48

“ Máis Kaiak”

O Concello de Soutomaior sigue coa campaña “ Máis Kaiak” pola que poñerán a servizo dos usuarios que o demanden un servizo de aluguer de kaiaks a uns prezos moi asumibles.

Nas praia do Peirao de Arcade poderanse alugar os kaiaks desde o día 3 ao 10 de agosto e desde o 18 ao 23 do mesmo mes.

Desde o 11 ao 17 de agosto este servizo atoparase dispoñible na praia fluvial de Comboa.

Os horarios serán pola mañá de 11 a 14 horas e pola tarde de 15,30 a 20,30 horas.

 O prezo será de 1 € para os empadroados no Concello de Soutomaior e de 2 € para os restantes usuarios.(20 min)

 


Publicado en Deportes e Pavillón

Actividades de Verán 2018


Concellería de Deportes
Pavillón Municipal A Montesiña

XXIV Concentración Seat 600

10-08-2018 / Deportes e Pavillón

Este domingo día 12 de agosto, a partir das 11:00 horas, terá lugar o tradicional encontro entre afeccionados aos “pelotillas”, como se coñece popularmente ao Seat 600, no Peirao. Unha cita que alcanza este ano a súa XXIV edición e converteuse nun auténtico referente nacional para os amantes deste clásico das nosas estradas. Decenas de, o que para moitos foi o...