Martes, 24 Xullo 2018 13:54

Verónica Alvarez campiona de España de Kick Boxing

Verónica Alvarez, do Kick Boxing Club Arcade, proclamouse campioa de España de Kick Boxing Seniors no campionato que se celebrou en Guadalaxara os días 27,28 e 29 de Xullo.

Verónica formaba parte da selección galega que se enfrentou a outras autonomías onde as rivais máis fortes foron as de Euskadi, Castela León e Valencia.

Do Club Kick Boxing Arcade tamén formaban parte da selección galega Ismael Pardo e Carlos Villar que lograron un bronce e Óscar Carracelas que non puido lograr medalla a pesar de ser un dos favoritos.

O Kick Boxing Club Arcade segue sumando éxitos e é o club con mais logros dentro dos distintos campionatos e peza básica na selección galega de todas as categorías.


Publicado en Deportes e Pavillón

Actividades de Verán 2018


Concellería de Deportes
Pavillón Municipal A Montesiña

XXIV Concentración Seat 600

10-08-2018 / Deportes e Pavillón

Este domingo día 12 de agosto, a partir das 11:00 horas, terá lugar o tradicional encontro entre afeccionados aos “pelotillas”, como se coñece popularmente ao Seat 600, no Peirao. Unha cita que alcanza este ano a súa XXIV edición e converteuse nun auténtico referente nacional para os amantes deste clásico das nosas estradas. Decenas de, o que para moitos foi o...