Martes, 05 Xuño 2018 12:20

Convocatoria para concesión de axudas para deportistas individuais do Concello de Soutomaior Destacado

A Concellería de Deportes do Concello de Soutomaior, sendo consciente das dificultades dos deportistas de modalidades individuais para progresar na súa formación integral e para participar en distintas competicións, convoca as axudas para a promoción e difusión do deporte e para impulsar a práctica deportiva.

Establécense as bases reguladoras da concesión destas axudas, de conformidade co disposto na Lei 38/03, de 17 de novembro, xeral de subvencións, e na Lei 9/07, de 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

As solicitudes presentaranse, no Rexistro Xeral do Concello ou ben a través dos medios establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/92, de 26 de novembro, de réxime xurídico e procedemento administrativo común.

Cando os deportistas sexan menores de idade as axudas terán que ser solicitadas pola nais, pais ou o titores.

Data límite para a presentación de solicitudes: 1 mes, contado a partir do seguinte á publicación da convocatoria no BOPPO. (venres 1 de xuño 2018)

  • Cada deportista só poderá optar a unha única axuda, independentemente do número de modalidades deportivas que practique.
  • Os/as que participen en competicións deportivas oficiais tanto de carácter provincial, galego, estatal como internacional e manteñan na data de presentación de solicitudes a súa actividade competitiva oficial e federada.
  • Os/as aspirantes terán que cumprir os seguintes requisitos:
  • Estar empadroado no Concello de Soutomaior antes do 01-01-2018
  • Estar federado no período para o que se solicita a axuda e na data de  solicitude da mesma dentro da modalidade que practiquen.
  • Estar ao corrente nas obrigas tributarias coa Facenda estatal e autonómica, así como estaren ao corrente das obrigas coa Seguridade Social.  
  • Os establecidos no artigo 13 da Lei xeral de subvencións e aplicables no presente caso.  
  • Non estar cumprindo sanción firme por infracción disciplinaria ou administrativa en materia deportiva, cualificada como grave ou moi grave.
  • As axudas reguladas nas presentes bases concederanse en réxime de concorrencia competitiva e baixo os principios de obxectividade, transparencia, igualdade, non discriminación, eficacia e eficiencia
  • As bases para a concesión de axudas pódense consultar en www.soutomaior.com

 

 


Publicado en Deportes e Pavillón
Descargar adjuntos:

18-bases-axudas-deportistas-individuais.pdf (62 Descargas)

Actividades de Verán 2018


Concellería de Deportes
Pavillón Municipal A Montesiña

XXIV Concentración Seat 600

10-08-2018 / Deportes e Pavillón

Este domingo día 12 de agosto, a partir das 11:00 horas, terá lugar o tradicional encontro entre afeccionados aos “pelotillas”, como se coñece popularmente ao Seat 600, no Peirao. Unha cita que alcanza este ano a súa XXIV edición e converteuse nun auténtico referente nacional para os amantes deste clásico das nosas estradas. Decenas de, o que para moitos foi o...