Venres, 01 Xuño 2018 12:25

Festival de Patinaxe. - Campionato Galego de Kick Boxing

Festival de Patinaxe

O domingo a partir das 11,30 horas terá lugar no Pavillón Municipal o festival de patinaxe organizade polo Club Patinaxe Artística Soutomaior.

Contará coa participación de máis de 150 patinador@ s entre os membros do club e os nenos e nenas da Escola Deportiva Municipal de Soutomaior. O club local mostrará as súas últimas coreografías dos distintos grupos de idade que formar os seus deportistas

 

Campionato Galego de Kick Boxing

O Domingo pola tarde , a partir das 16,00 horas, na mesma instalación deportiva terá lugar o Campionato Galego de Kick Boxing Infantil na modalidade “non contact”

Organizado polo Kick Boxing Club Arcade contará con mais de 100 participantes de todos os recunchos da xeografía galega e o club local aspira a proclamarse mellor club do campionato a nivel colectivo e seguir cos seus excelentes resultados a nivel individual que o fan ser neste momento o mellor club de España


Publicado en Deportes e Pavillón


Concellería de Deportes
Pavillón Municipal A Montesiña

Series Nacionais de Padel

08-06-2018 / Deportes e Pavillón

O equipo do Club Tenis & Padel Soutomaior desprázase a Madrid a xogar as series nacionais de Padel nas que se medirán no primeiro partido ao Padel Cobert Alboraya (Valencia) A cuarta edición das Series Nacionais de Pádel prepárase para vivir os seus dous MASTERS FINAIS que, unha vez máis, disputaranse nas magníficas instalacións dun dos clubs máis importantes do noso...